Os feitos producíronse de madrugada durante o traslado do home ao hospital. Segundo fontes próximas ao caso, comezou a alterarse tras unha conversa telefónica e golpeou as tres persoas no túnel de Urxencias.
Antigo sacerdote e profesor dos Milagres, foi expulsado da congregación dos Paúles en 1978 por abrir o ensino a mozos con poucos recursos. Foi tamén candidato do BN-PG nas eleccións municipais de Maceda e ao Senado por Ourense nas eleccións estatais de 1979.
As novas obrigas de información laboral entran en vigor esta segunda feira, 5 de outubro. A norma endurece as condicións dos períodos de proba e obriga as empresas a detallar nos contratos o uso de algoritmos para cuestións como a selección de persoal, os despedimentos ou a asignación de tarefas.
Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da Fegamp, denunciou que un home se encarou este sábado co grupo no que se atopaba e os agrediu en plena rúa.
A manifestación nacional, convocada por Galiza por Palestina e Galiza pola Paz, partiu este domingo da Alameda baixo o lema 'Galiza con Palestina. Resistencia, liberdade e paz' para reclamar un alto o fogo real, o fin do bloqueo e a ruptura das relacións comerciais e militares con Israel.
A vítima sufriu unha indisposición este sábado cando se atopaba baixo custodia policial. O persoal sanitario do 061 desprazouse até as dependencias, mais non puido salvarlle a vida. O falecemento motivou a apertura dunha investigación xudicial.
O documental sobre Ana Kiro foi recoñecido como mellor filme da sección Panorama Galiza e recibiu tamén o Premio do Público, mentres Yáñez obtivo unha mención especial á dirección pola súa primeira longametraxe.
As cinco denominacións de orixe galegas superan o anterior máximo, alcanzado en 2011. A caída na produción da DO Rías Baixas foi compensada polo incremento da produción nas outras catro denominacións, con récord histórico en Monterrei.
Que estamos nunha nova burbulla queda claro co nivel de compra ventas de pisos que se eran 39 mil no ano 2007 —e chegaron a caer a 12 mil en 2013— agora xa volven estar por riba das 30 mil compras en 2025.