André López, voceiro da Plataforma Galega Vivenda Xa!: "É moi fácil mirar cara ao Congreso, pero a Xunta ten que executar as leis de vivenda e está a ser neglixente"
A crise da vivenda volve esta fin de semana ás rúas da Galiza. André López, portavoz da Plataforma Galega Vivenda Xa!, conversa con Nós Diario sobre as respostas á crise habitacional, os decretos que decaeron a sexta feira no Congreso e a responsabilidade da Xunta, á que reclama que exerza as súas…